miércoles, 11 de diciembre de 2013

DOAZÓN

      1.Que significa a doación?

A única alternativa que teñen moitas persoas para seguiren vivindo é que outras doen unha parte do seu corpo. Así, os enfermos poderán salvar a súa vida e mellorar a súa saúde. Decidir ser doador significa estar disposto a realizar un acto de altruísmo e solidariedade.

     2.Que órganos e tecidos se poden doar?


  • Os órganos que se poden doar son: os riles, o fígado, o páncreas, o corazón, os pulmóns e o intestino.
  • Os tecidos que se poden doar son: as córneas, a pel, o óso e as cartilaxes e tendóns, os vasos sanguíneos (arterias e veas), as válvulas cardíacas, o sangue e os proxenitores hematopoéticos (da medula ósea, do sangue periférico e do sangue de cordón umbilical) e a membrana amniótica da placenta.
Pódese ser doador en vida ou tras o falecemento e tamén se pode doar o corpo á ciencia.

     3.Podese doar algun órgano ou tecido mentres se esta vivo?

Si. Os doadores vivos son aqueles que doan un órgano dobre, como o ril, unha parte do fígado, páncreas ou pulmón; ou un tecido, como o sangue, a medula ósea e o cordón umbilical.

No caso da doazón dun órgano en vida, os transplantados son case sempre familiares directos dos doadores (pais, irmáns, fillos, etc.).

4.Que é a médula?

A medula ósea é o tecido esponxoso localizado no interior dos ósos planos (pelve, esterno,…) que está encargado de producir e conter  as células nai de todas as células do sangue.

5. Quen pode ser doador de medula osea?

Toda persoa sa que o desexe, con idade comprendida entre 18 e 55 anos, pode ingresar no REDMO a través do Centro de Doadoresmáis próximo.
 Que chegue a doar ou non decidirao se é compatible con algún dos moitos pacientes que, en todo o mundo, están agora e estarán no futuro no proceso de busca de doador de proxenitores hematopoéticos non emparentado.

6.De onde proceden os órganos e os tecidos que se transplantan?

A maioría dos órganos e tecidos que se transplantan en España e en Europa proceden de persoas falecidas.

7.Quen pode ser doador de órganos e tecidos tras o seu falecemento?

Poden ser doadores  todas as persoas que o desexen e nas cales se dean as circunstancias adecuadas. Calquera persoa pode facerse doadora, cubrindo a tarxeta de doador e comunicándolles o seu desexo aos seus familiares.

8.Axudalle á familia a coñecer a opinion sobre a doazon do falecido?

Este é un tema transcendental, porque nalgunhas ocasións os familiares dos falecidos non teñen coñecemento da opinión en vida deste sobre a doazón e por ese motivo teñen dificultades para tomar a decisión.É moi importante que as nosas persoas máis queridas e achegadas coñezan o noso desexo de doar.

9. Lexislacion que regula a doazon e o transplantes?


  • En España a lexislación sobre doazón e transplante comprende a Lei 30/79 e os reais decretos 2070/1999 e 411/1996, que desenvolven, respectivamente, as actividades relativas á utilización de órganos e tecidos humanos.
  • No ámbito autonómico, o Decreto 217/97 regula todas as actividades relacionadas coa utilización de tecidos humanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
10.Como podo facerme doador?

Cubra cos seus datos un folleto de doazón de órganos e tecidos e envíello por correo, sen necesidade de selo. Tamén se pode facer por teléfono ou por internet (www.sergas.es).
Se ten algunha dúbida ou desexa máis información, non dubide en chamar ao teléfono 881 542 863 (Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia, Santiago de Compostela).

No hay comentarios:

Publicar un comentario